Artigo. Corrección do cuestionario da entrada anterior neste enlace. Tede a man o documento Morfoloxía-Teoría, pp. 9-10. Se tedes dúbidas, facédemo saber a través do grupo de WhatsApp.
Actividades para a próxima clase, do documento Morfoloxía: Actividades, exercicio 2, páx. 63: Uso de artigo con topónimos. Non tedes que escribir todo o exercicio (as solucións están na mesma páxina 63), pero si probar con cada topónimo deste xeito: primeiro, poñedes o artigo, a ver como "soa":
- Italia. Onde vai el? Vai *na Italia. Xa vedes que soa mal. Sería Vai en Italia,
- Arxentina. Onde vai el? Vai na Arxentina. Soa ben, é correcto.
Prestade especial atención ás formas subliñadas no cadro das solucións.
Demostrativo. Deixamos de momento o pronome persoal (pp. 11-15) e pasamos ao demostrativo (páx. 16). Responde no teu caderno, ou no ordenador, as seguintes cuestións sobre o demostrativo. Para iso, tes que ir mirando, por orde, este documento: Morfoloxía-Teoría, páx. 16. Non convén copiar e pegar: se facedes iso, non asimilades os conceptos.
- Os demostrativos poden funcionar como determinantes ou como núcleo nun sintagma nominal. En que casofuncionan como DET e en que caso funcionan como N.
- Como contraen os demostrativos co indefinido outro?
- Como contraen os demostrativos coas preposicións de, en?
- Explica os usos e valores especiais dos demostrativos e achega un exemplo de cada.
Se tedes dúbidas ao responder estas cuestións, mandade unha mensaxe por WhatsApp.
Recordo unha vez máis a necesidade de organizar o material.
Ata logo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario