Bos días.
Corrección das
actividades sobre o substantivo (entrada anterior) neste enlace. Se
tedes dúbidas, facédemo saber a través do grupo de WhatsApp.
O adxectivo. Responde
no teu caderno, ou no ordenador, as seguintes cuestións sobre o adxectivo. Para
iso, tes que ir mirando, por orde, este documento: Morfoloxía-Teoría, pp.
7 e 8. Non convén copiar e pegar: se facedes iso, non asimilades os
conceptos.
- Diferenza entre adxectivo explicativo e especificativo. Exemplos.
- Como se comportan os morfemas de xénero e número no adxectivo? Diferencia estres 3 tipos: loiro / doce / medicas.
- Cales son os procedementos de gradación do adxectivo?
- Cando se usa como / coma?
- Cando se usa ca / (do) que?
- Escribe o comparativo e superlativo sintético de grande, pequeno, bo, malo, alto e baixo.
Se tedes dúbidas ao
responder estas cuestións, mandade unha mensaxe por WhatsApp.
Recordo unha vez máis
a necesidade de
organizar o material.
Esta semana teremos
unha videoconferencia (cada clase por separado). Xa vos avisarei do día e hora.
Nela:
- Trataremos dúbidas sobre a materia.
- Intentarei explicarvos como están as cousas -a día de hoxe- para avaliar o 3º trimestre, despois da publicación das Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 (Á espera da publicación da normativa estatal correspondente).
Na próxima sesión
marcarei actividades sobre o adxectivo e comezaremos co artigo.
Ata logo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario