Bos días.
Corrección das actividades sobre o Adxectivo (entrada anterior) neste enlace. Se tedes dúbidas, facédemo saber a través do grupo de WhatsApp.
O artigo. Responde no teu caderno, ou no ordenador, as seguintes cuestións sobre o artigo. Para iso, tes que ir mirando, por orde, este documento: Morfoloxía-Teoría, pp. 9 e 10. Non convén copiar e pegar: se facedes iso, non asimilades os conceptos.
- Cando é obrigatorio o uso da 2ª forma do artigo?
- Explica o uso do arcaísmo EL.
- Explica o uso de artigo con nomes propios.
- Explica o uso de artigo ante posesivo.
- Contraccións do artigo (por condena): por, con, de, en, a.
Encontro por videoconferencia. Xoves, ás 11.00 para 1ºC, e venres ás 13.20 para 1ºA. O encontro é voluntario (as correccións tédelas), pero é mellor facelo para resolver dúbidas.
Ata logo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario