Mostrando entradas con la etiqueta 5ac27a. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 5ac27a. Mostrar todas las entradas

domingo, 26 de abril de 2020

CLASE 1, SEMANA 27 ABRIL - 3 MAIO: MORFOLOXÍA (ARTIGO E DEMOSTRATIVO)

Bos días.

Artigo. Corrección do cuestionario da entrada anterior neste enlace. Tede a man o documento 
Morfoloxía-Teoría, pp. 9-10. Se tedes dúbidas, facédemo saber a través do grupo de WhatsApp.

Actividades para a próxima clase, do documento Morfoloxía: Actividades, exercicio 2, páx. 63: Uso de artigo con topónimos. Non tedes que escribir todo o exercicio (as solucións están na mesma páxina 63), pero si probar con cada topónimo deste xeito: primeiro, poñedes o artigo, a ver como "soa":

  • Italia. Onde vai el? Vai *na Italia. Xa vedes que soa mal. Sería Vai en Italia,
  • Arxentina.  Onde vai el? Vai na Arxentina. Soa ben, é correcto.
Prestade especial atención ás formas subliñadas no cadro das solucións. 


Demostrativo. Deixamos de momento o pronome persoal (pp. 11-15) e pasamos ao demostrativo (páx. 16). Responde no teu caderno, ou no ordenador, as seguintes cuestións sobre o demostrativo. Para iso, tes que ir mirando, por orde, este documento: Morfoloxía-Teoría, páx. 16.  Non convén copiar e pegar: se facedes iso, non asimilades os conceptos.

  1. Os demostrativos poden funcionar como determinantes ou como núcleo nun sintagma nominal. En que casofuncionan como DET e en que caso funcionan como N.
  2. Como contraen os demostrativos co indefinido outro?
  3. Como contraen os demostrativos coas preposicións de, en?
  4. Explica os usos e valores especiais dos demostrativos e achega un exemplo de cada.

Se tedes dúbidas ao responder estas cuestións, mandade unha mensaxe por WhatsApp.


Recordo unha vez máis a necesidade de organizar o material.

Na próxima sesión, corrixiremos o cuestionario (teoría) do demostrativo e marcaremos actividades.

Ata logo.