lunes, 27 de abril de 2020

CLASE 2: SEMANA 27 ABRIL - 3 MAIO: MORFOLOXÍA (DEMOSTRATIVO)

Bos días.


Demostrativo. Corrección do cuestionario-teoría da entrada anterior neste enlace
Vid. Morfoloxía-Teoría, páx. 16.

Actividades do demostrativoMorfoloxía: Actividades2 e 3 das pp. 74-75. Na 2 (páx. 74) facedes do 1 ao 5 e do 12 ao 25. Na 3 indicades se o demostrativo é adxectivo determinativo (AD) (equivale a determinante) ou pronome (equivale a núcleo).

Se tedes dúbidas ao responder estas cuestións, mandade unha mensaxe por WhatsApp.

Recordo unha vez máis a necesidade de organizar o material.

Na próxima sesión, corrixiremos as actividades do demostrativo e comezaremos co posesivo. Pero iso será a semana do 4 a 10 de maio.

Temos marcada unha videoconferencia con 1º C hoxe, martes, ás 13.20. Non recibín resposta de 1ºA. Sabedes que o venres é festivo.

Ata logo. 

domingo, 26 de abril de 2020

CLASE 1, SEMANA 27 ABRIL - 3 MAIO: MORFOLOXÍA (ARTIGO E DEMOSTRATIVO)

Bos días.

Artigo. Corrección do cuestionario da entrada anterior neste enlace. Tede a man o documento 
Morfoloxía-Teoría, pp. 9-10. Se tedes dúbidas, facédemo saber a través do grupo de WhatsApp.

Actividades para a próxima clase, do documento Morfoloxía: Actividades, exercicio 2, páx. 63: Uso de artigo con topónimos. Non tedes que escribir todo o exercicio (as solucións están na mesma páxina 63), pero si probar con cada topónimo deste xeito: primeiro, poñedes o artigo, a ver como "soa":

  • Italia. Onde vai el? Vai *na Italia. Xa vedes que soa mal. Sería Vai en Italia,
  • Arxentina.  Onde vai el? Vai na Arxentina. Soa ben, é correcto.
Prestade especial atención ás formas subliñadas no cadro das solucións. 


Demostrativo. Deixamos de momento o pronome persoal (pp. 11-15) e pasamos ao demostrativo (páx. 16). Responde no teu caderno, ou no ordenador, as seguintes cuestións sobre o demostrativo. Para iso, tes que ir mirando, por orde, este documento: Morfoloxía-Teoría, páx. 16.  Non convén copiar e pegar: se facedes iso, non asimilades os conceptos.

  1. Os demostrativos poden funcionar como determinantes ou como núcleo nun sintagma nominal. En que casofuncionan como DET e en que caso funcionan como N.
  2. Como contraen os demostrativos co indefinido outro?
  3. Como contraen os demostrativos coas preposicións de, en?
  4. Explica os usos e valores especiais dos demostrativos e achega un exemplo de cada.

Se tedes dúbidas ao responder estas cuestións, mandade unha mensaxe por WhatsApp.


Recordo unha vez máis a necesidade de organizar o material.

Na próxima sesión, corrixiremos o cuestionario (teoría) do demostrativo e marcaremos actividades.

Ata logo.

miércoles, 22 de abril de 2020

CLASE 3, SEMANA 20-26. MORFOLOXÍA: ADXECTIVO (P), ARTIGO (T)

Bos días.

Corrección das actividades sobre o Adxectivo (entrada anterior) neste enlace. Se tedes dúbidas, facédemo saber a través do grupo de WhatsApp.

artigo. Responde no teu caderno, ou no ordenador, as seguintes cuestións sobre o artigo. Para iso, tes que ir mirando, por orde, este documento: Morfoloxía-Teoría, pp. 9 e 10. Non convén copiar e pegar: se facedes iso, non asimilades os conceptos.
  1. Cando é obrigatorio o uso da 2ª forma do artigo?
  2. Explica o uso do arcaísmo EL.
  3. Explica o uso de artigo con nomes propios.
  4. Explica o uso de artigo ante posesivo.
  5. Contraccións do artigo (por condena): por, con, de, en, a.
Se tedes dúbidas ao responder estas cuestións, mandade unha mensaxe por WhatsApp.

Recordo unha vez máis a necesidade de organizar o material.

Encontro por videoconferencia. Xoves, ás 11.00 para 1ºC, e venres ás 13.20 para 1ºA. O encontro é voluntario (as correccións tédelas), pero é mellor facelo para resolver dúbidas.

Ata logo.

lunes, 20 de abril de 2020

CLASE 2, SEMANA 20-26. MORFOLOXÍA: ADXECTIVO (P), ARTIGO (T)

Bos días.

O audio coa corrección de "Adxectivo: Cuestións teoría" está neste enlace.

Actividades do adxectivo: pp. 58-61, 1, 2, 3 (10 primeiras), 4 (2 primeiras), 5 (primeira columna).

Ata logo.

domingo, 19 de abril de 2020

CLASE 1, SEMANA 20-26. MORFOLOXÍA: SUBSTANTIVO (P) E ADXECTIVO (T)

Bos días.

Corrección das actividades sobre o substantivo (entrada anterior) neste enlace. Se tedes dúbidas, facédemo saber a través do grupo de WhatsApp.

adxectivo. Responde no teu caderno, ou no ordenador, as seguintes cuestións sobre o adxectivo. Para iso, tes que ir mirando, por orde, este documento: Morfoloxía-Teoría, pp. 7 e 8. Non convén copiar e pegar: se facedes iso, non asimilades os conceptos.

  1. Diferenza entre adxectivo explicativo e especificativo. Exemplos.
  2. Como se comportan os morfemas de xénero e número no adxectivo? Diferencia estres 3 tipos: loiro / doce / medicas.
  3. Cales son os procedementos de gradación do adxectivo?
  4. Cando se usa como / coma?
  5. Cando se usa ca / (do) que?
  6. Escribe o comparativo e superlativo sintético de grande, pequeno, bo, malo, alto e baixo.

Se tedes dúbidas ao responder estas cuestións, mandade unha mensaxe por WhatsApp.

Recordo unha vez máis a necesidade de organizar o material.

Esta semana teremos unha videoconferencia (cada clase por separado). Xa vos avisarei do día e hora. Nela:
  1. Trataremos dúbidas sobre a materia.
  2. Intentarei explicarvos como están as cousas -a día de hoxe- para avaliar o 3º trimestre, despois da publicación das Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 (Á espera da publicación da normativa estatal correspondente).

Na próxima sesión marcarei actividades sobre o adxectivo e comezaremos co artigo.


Ata logo.

jueves, 16 de abril de 2020

CLASE 3, SEMANA 13-19. MORFOLOXÍA: O SUBSTANTIVO (T)

Bos días.

Corrección do cuestionario da entrada anterior neste audioSe tedes dúbidas, facédemo saber a través do grupo de WhatsApp.

Actividades para a próxima clase, do documento Morfoloxía; Actividades:

  • Exercicio 1. As 5 primeiras de cada columna. En todas elas tedes que indicar "A oposición de xénero remite a diferenzas de a) Sexo, b) Forma, tamaño ou profundidade, c) Individual/Colectivo(páx. 4 de Morfoloxía-Teoría).
  • Exercicio 2. As 20 primeiras da 1ª columna. Tedes que indicar o procedemento utilizado para marcar a oposición de xénero (páx. 4 de Morfoloxía-Teoría).
  • Exercicio 5. Só as palabras da páx. 54.

Na primeira sesión de clase da semana que vén corrixiremos estes exercicios.

Ata logo.

miércoles, 15 de abril de 2020

CLASE 2, SEMANA 13 A19. MORFOLOXÍA: O SUBSTANTIVO (T)

Bos días.


Responde no teu caderno, ou no ordenador, as seguintes cuestións sobre o substantivo. Para iso, tes que ir mirando, por orde, este documento: Morfoloxía-Teoría das pp. 3 a 6.
Non convén copiar e pegar: se facedes iso, non asimilades os conceptos.


Xénero:
  1. Podes diferenciar nomes propios, comúns, individuais e colectivos? Como?
  2. Cales son os constituíntes do substantivo?
  3. A oposición de xénero, a que diferenzas remite? Exemplos.
  4. Como pode marcarse a oposición de xénero nos substantivos variables?
  5. Explica a formación do feminino en substantivos rematados en –ano, -an, -on.
  6. Diferenza (con respecto ó xénero) entre palabras do tipo artista / formiga.
  7. Observa o xénero dos substantivos invariables, p.e. letras, palabras rematadas en… (debedes saber as excepcións), etc.
  8. Explica os casos especiais (árbores froiteiras, cal, fin, fantasma-pantasma, personaxe).


Número:
  1. Explica que ocorre con substantivos tipo norte, nupcias, existencias, pantalón/s.
  2. Cales son os morfemas de número?
  3. Explica a formación do plural.
  4. Explica o plural das palabras rematadas en –l.
  5. Como fan o plural os estranxeirismos?
  6. E as palabras compostas?

 Para o punto 3, recomendo que usedes unha regra nemotécnica: Álex Rozas (ALXRZS).

Palabras rematadas en:
Engaden:
Exemplos
Vogal


-L



-X


-R


-Z


-S



Resto



Na terceira clase desta semana corrixiremos este cuestionario, e marcarei actividades.

Ata logo.

lunes, 13 de abril de 2020

CLASE 1, SEMANA 13-19A: MORFOLOXÍA

Bos días.

Comezamos coa Morfoloxía. Estes son os documentos que imos utilizar:


Para empezar coa morfoloxía, teremos que partir do documento "Cuestións exame morfoloxía". Tédelo tamén na aula virtual en formato editable, por se queredes elaborar os vosos propios apuntamentos.

Comezaremos co substantivo. Isto hai que explicalo; para iso, podo gravar uns audios explicativos, pero imos esperar a mañá, despois de facer a conexión en directo, para saber que sistema preferides (audio, vídeo, clase por videoconferencia...).

Ata mañá. Quedamos ás 12.00. Xa sabedes, entrade en:


A ver que podemos facer.

3ª AVALIACIÓN