martes, 31 de marzo de 2020

CLASE 3, SEMANA 30-05: HISTORIA DA LINGUA II

Bos días.

Tarefa para esta sesión: Contestar as preguntas que faltan do cuestionario de Historia da Lingua (está na aula virtual en PDF e en formato editable)Utiliza, para iso, o documento que resume esta parte da materia. Recomendo que vaiades por orde: as preguntas seguen a orde do documento.



Libro de lectura. 

Como sabedes, decidín poñer un único libro de lectura "obrigatorio" para a 2ª e 3ª avaliación. Os que queiran ler dous, poden facelo: é voluntario; no caso de examinarvos (oralmente) de dous libros, poría a nota máis alta das dúas.

Como conseguir os libros?

Se non tedes o libro na casa, podedes acceder a libros en bibliotecas virtuais:

  • GaliciaLe. Só tes que rexistrarte (sen necesidade de ir a ningunha biblioteca) e coas claves que recibirás, accederás ao catálogo virtual. Cando remate a corentena, disporás de 30 días para achegarte á biblioteca a solicitar o carné e seguir gozando das vantaxes de GaliciaLe.

  • Bivir (asociación de tradutores galegos). Ide na pestana superior a "Bivir", logo a "Catálogo de Obras" e podedes seleccionar por tradutor (non interesa), ou por título, autor (é o que interesa). Non todas as obras son adaptadas á vosa idade; se escolledes algunha, preguntádeme antes se é adecuada.

Á volta de vacacións comezaremos coa parte práctica. Pasádeo o mellor que poidades. Mentres...


No hay comentarios:

Publicar un comentario