jueves, 26 de marzo de 2020

CLASE 3, SEMANA 26-29: HISTORIA DA LINGUA I

Bos días.


Continuamos con outra parte do programa: Historia da Lingua. Comezamos con "Evolución do latín ao galego". No libro de texto vén na páx. 24 e seguintes. Podedes lelo, se queredes, pero teño elaborado este documento (está tamén na aula virtual) que resume o que considero máis importante.

Comeza o citado documento cun cadro que debo explicar. Debe interpretarse de abaixo a arriba, como as capas nun terreo. A lingua galega formouse deste xeito:
  • Substrato. Linguas faladas polos pobos que estaban na noroeste da Península Ibérica antes da chegada dos romanos. Algunhas palabras galegas proceden do substrato prelatino (os pobos da cultura castrexa).
  • Estrato. Latín vulgar traído ao NO da Península polos conquistadores romanos.
  • Superestrato. Linguas dos pobos que conquistaron a Península, os xermanos no século V e os árabes no século VIII. 

O galego ten a base no latín (estrato), con palabras do substrato prerromano e do superestrato xermánico e árabe.

Para que saibades exactamente o que vou pedir no exame, vou elaborar -si, outra vez- un cuestionario coas preguntas que poden entrar no exame. Está no anterior enlace e na aula virtual (en PDF e nun formato editable).

Tarefa para hoxe: Resolve as 7 primeiras preguntas do citado cuestionario. Utiliza, para iso, o documento que resume esta parte da materia.

E unha recomendación: lede estoutro documento. Tedes que ter todo o material organizado. Non serve de nada que traballedes se despois non sabedes onde tedes as cousas.



Coma sempre, as dúbidas, como comentario neste blog/caderno de traballo.

Ata a próxima sesión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario