Unha vez vista a Literatura, pasamos a outro apartado teórico da materia: Sociolingüística. Na aula virtual tedes un apartado adicado a esta cuestión. Hai uns vídeos introdutorios e continúan os temas (resumidos):
- Funcións sociais da lingua.
- Lingua minoritaria e lingua minorizada.
- Conflito lingüístico e diglosia.
- Diversidade lingüística no mundo, en Europa e na Península Ibérica.
- A lusofonía.
- Multilingüismo e plurilingüismo.
- Ecolingüismo.
- Rexistros lingüísticos.
Tamén podedes consultar polo libro de texto. Na clase de hoxe veriamos os 3 primeiros temas. Tédelos na aula virtual ou neste enlace.
Estes temas son teóricos. Deberiades ir lendo cada un deles para asimilar os conceptos básicos neles expostos. Cando poidamos vernos, marcaremos un exame desta parte.
Na próxima clase veremos os temas 4, 5, 6, 7 e 8.
Ata a semana que vén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario