Bos días.
Tranquilos! Que non cunda o pánico!
Conseguín deixar toda a materia do libro en 5 folios e, destes 5 folios, fixen un cuestionario de 20 preguntas. Estas 20 preguntas son o que entrará no exame.
Tarefa para esta sesión: Contestar as 11 primeiras preguntas (corresponden á Idade Media) do cuestionario (está na aula virtual en PDF e en formato editable). Utiliza, para iso, o documento que resume esta parte da materia. Recomendo que vaiades por orde: as preguntas seguen a orde do documento.
E gardade e organizade o material, por favor.
Na sesión do venres, responderedes as 9 cuestións que faltan do cuestionario (Séculos Escuros, Ilustración, séc. XIX).
Que nos queda despois de rematar Historia da Lingua? A parte práctica, que quero deixar para despois de Semana Santa.
Ata a próxima sesión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario