martes, 31 de marzo de 2020

CLASE 3, SEMANA 30-05: HISTORIA DA LINGUA II

Bos días.

Tarefa para esta sesión: Contestar as preguntas que faltan do cuestionario de Historia da Lingua (está na aula virtual en PDF e en formato editable)Utiliza, para iso, o documento que resume esta parte da materia. Recomendo que vaiades por orde: as preguntas seguen a orde do documento.



Libro de lectura. 

Como sabedes, decidín poñer un único libro de lectura "obrigatorio" para a 2ª e 3ª avaliación. Os que queiran ler dous, poden facelo: é voluntario; no caso de examinarvos (oralmente) de dous libros, poría a nota máis alta das dúas.

Como conseguir os libros?

Se non tedes o libro na casa, podedes acceder a libros en bibliotecas virtuais:

  • GaliciaLe. Só tes que rexistrarte (sen necesidade de ir a ningunha biblioteca) e coas claves que recibirás, accederás ao catálogo virtual. Cando remate a corentena, disporás de 30 días para achegarte á biblioteca a solicitar o carné e seguir gozando das vantaxes de GaliciaLe.

  • Bivir (asociación de tradutores galegos). Ide na pestana superior a "Bivir", logo a "Catálogo de Obras" e podedes seleccionar por tradutor (non interesa), ou por título, autor (é o que interesa). Non todas as obras son adaptadas á vosa idade; se escolledes algunha, preguntádeme antes se é adecuada.

Á volta de vacacións comezaremos coa parte práctica. Pasádeo o mellor que poidades. Mentres...


lunes, 30 de marzo de 2020

CLASE 2, SEMANA 30-05: HISTORIA DA LINGUA II

Bos días.

Hai que rematar "Historia da Lingua" (está todo na aula virtual). Vistes a 1ª parte (Formación da Lingua) e queda a 2ª parte (Idade Media, Séculos Escuros, Ilustración e séc. XIX). 

Tranquilos! Que non cunda o pánico!

Conseguín deixar toda a materia do libro en 5 folios e, destes 5 folios, fixen un cuestionario de 20 preguntas. Estas 20 preguntas son o que entrará no exame.

Tarefa para esta sesión: Contestar as 11 primeiras preguntas (corresponden á Idade Media) do cuestionario (está na aula virtual en PDF e en formato editable)Utiliza, para iso, o documento que resume esta parte da materia. Recomendo que vaiades por orde: as preguntas seguen a orde do documento.


Na sesión do venres, responderedes as 9 cuestións que faltan do cuestionario (Séculos Escuros, Ilustración, séc. XIX).

Que nos queda despois de rematar Historia da Lingua? A parte práctica, que quero deixar para despois de Semana Santa. 

Ata a próxima sesión.

sábado, 28 de marzo de 2020

CLASE 1, SEMANA 30-05: HISTORIA DA LINGUA I

Bos días.

Ánimo, que esta é a última semana antes das vacacións de Semana Santa. E en Semana Santa non vou mandar tarefas obrigatorias, obviamente. 

Tarefa para esta sesión: Continuar o marcado na entrada anterior. Resolve as preguntas que quedan do cuestionarioUtiliza, para iso, o documento que resume esta parte da materia. E gardade e organizade o material.

Que nos queda despois de rematar Historia da Lingua? A parte práctica, que quero deixar para a 3ª avaliación.

Saúdos.

jueves, 26 de marzo de 2020

CLASE 3, SEMANA 26-29: HISTORIA DA LINGUA I

Bos días.


Continuamos con outra parte do programa: Historia da Lingua. Comezamos con "Evolución do latín ao galego". No libro de texto vén na páx. 24 e seguintes. Podedes lelo, se queredes, pero teño elaborado este documento (está tamén na aula virtual) que resume o que considero máis importante.

Comeza o citado documento cun cadro que debo explicar. Debe interpretarse de abaixo a arriba, como as capas nun terreo. A lingua galega formouse deste xeito:
  • Substrato. Linguas faladas polos pobos que estaban na noroeste da Península Ibérica antes da chegada dos romanos. Algunhas palabras galegas proceden do substrato prelatino (os pobos da cultura castrexa).
  • Estrato. Latín vulgar traído ao NO da Península polos conquistadores romanos.
  • Superestrato. Linguas dos pobos que conquistaron a Península, os xermanos no século V e os árabes no século VIII. 

O galego ten a base no latín (estrato), con palabras do substrato prerromano e do superestrato xermánico e árabe.

Para que saibades exactamente o que vou pedir no exame, vou elaborar -si, outra vez- un cuestionario coas preguntas que poden entrar no exame. Está no anterior enlace e na aula virtual (en PDF e nun formato editable).

Tarefa para hoxe: Resolve as 7 primeiras preguntas do citado cuestionario. Utiliza, para iso, o documento que resume esta parte da materia.

E unha recomendación: lede estoutro documento. Tedes que ter todo o material organizado. Non serve de nada que traballedes se despois non sabedes onde tedes as cousas.



Coma sempre, as dúbidas, como comentario neste blog/caderno de traballo.

Ata a próxima sesión.

lunes, 23 de marzo de 2020

CLASE 2, SEMANA 23-29M: SOCIOLINGÜÍSTICA

Continuamos con Sociolingüística (revisade a entrada anterior). 

Hoxe tedes que rematar as 20 cuestións de Sociolingüística que poden entrar no exame. Están na páx. 7 do documento (aula virtual / enlace ao documento).

Ata o venres.

domingo, 22 de marzo de 2020

CLASE 1, SEMANA 23-29M: SOCIOLINGÜÍSTICA

Entrade na imaxe: SOCIO ten algo que dicirvos.

1º C: LUNS 23M / 1º A: MARTES 24M.

Continuamos con Sociolingüística. Nesta sesión veriamos os temas 4, 5, 6, 7 e 8. Tédelos na aula virtual ou neste enlace ao documento.

Estes temas son moi teóricos. Elaborei un cuestionario coas 20 preguntas que poden entrar no exame; está na páx. 7 do documento e tamén na aula virtual, en formato editable, para que poidades elaborar os vosos apuntamentos.

Tedes dúas opcións para esta clase:
  1. Ler os temas 4, 5, 6, 7 e 8 e facer as 10 primeiras cuestións. Así só vos quedarían 10 cuestións para a próxima clase.
  2. Ler os temas e deixar as 20 cuestións para a próxima clase.
Ata a próxima sesión.

lunes, 16 de marzo de 2020

CLASE 2, SEMANA 16-22M: SOCIOLINGÜÍSTICA

Unha vez vista a Literatura, pasamos a outro apartado teórico da materia: Sociolingüística. Na aula virtual tedes un apartado adicado a esta cuestión. Hai uns vídeos introdutorios e continúan os temas (resumidos):
  1. Funcións sociais da lingua.
  2. Lingua minoritaria e lingua minorizada.
  3. Conflito lingüístico e diglosia.
  4. Diversidade lingüística no mundo, en Europa e na Península Ibérica.
  5. A lusofonía.
  6. Multilingüismo e plurilingüismo.
  7. Ecolingüismo.
  8. Rexistros lingüísticos.
Tamén podedes consultar polo libro de texto. Na clase de hoxe veriamos os 3 primeiros temas. Tédelos na aula virtual ou neste enlace.

Estes temas son teóricos. Deberiades ir lendo cada un deles para asimilar os conceptos básicos neles expostos. Cando poidamos vernos, marcaremos un exame desta parte.

Na próxima clase veremos os temas 4, 5, 6, 7 e 8.

Ata a semana que vén.

domingo, 15 de marzo de 2020

CLASE 1, SEMANA 16-22 M: LITERATURA

Bos días.

Temos que rematar a Literatura. Entrade nas vosas clases da aula virtual. No apartado "Literatura" aparece:
  1. Teoría.
  2. Cuestións de exame.
Só entran os temas correspondentes a Rosalía, Pondal e Curros (unidades 15 e 16). Ide preparando o exame para cando poidamos vernos de forma presencial. 

Se queredes revisar os poemas destes tres autores, podedes facelo neste enlace.

Se tedes dúbidas, podedes expoñelas no apartado correspondente deste blog.

Ata a próxima clase.

viernes, 13 de marzo de 2020

BENVIDOS

A partir do próximo luns este será o voso caderno de traballo. 
Irei marcando as actividades e a parte da materia que hai que ver cada día.
Este caderno estará na aula virtual. Se fose lenta a conexión, podedes acceder buscando en Google sitioanaseco.
Ata o luns.