Pronome persoal: pp. 11-15 de Morfoloxía-Teoría. Escoitade estes titoriais: Pronome persoal 1 e Pronome persoal 2 (Interferencias lingüísticas). Despois, contestade estas cuestións:
- Podes localizar nun texto os pronomes persoais tónicos e átonos e determinar a súa función sintáctica?
- Cales son os valores especiais de nós?
- Que preposicións contraen co pronome tónico el, ela, eles, elas?
- Pronominalización. Tes que reparar na diferenza te/che, llo/llelo... (Explicado máis abaixo).
- Que función teñen que cumplir os reflexivos en galego?
- Que tipos hai de verbos pronominais?
- Cales son os valores de se en galego?
- Como podes recoñecer un dativo de solidariedade? Ten función sintáctica?
- Como podes recoñecer un dativo de interese? Ten función sintáctica?
- Fai un cadro coas contraccións entre as formas átonas do pronome.
- Cal é a forma normal de colocación do pronome? En que ocasións vai anteposto ao verbo? (NIANIEO).
- É aceptable en galego "elo"? A que se debe ese mal uso?
- É aceptable en galego "É máis alta ca eu"? Por que?
- Como podes saber que un pronome "sobra" nunha construción? Isto é, a construción é correcta sen ese pronome e incorrecta co pronome.
Punto 4. Diferenza te/che.
A forma te é de CD; che de CI. Unha maneira doada de saber se hai que usar te/che é a que segue.
"Deixoute na casa" ou "Deixouche na casa"?
- Pasa a oración a 3ª persoa: Deixouno na casa / Deixoulle na casa. Obviamente, o correcto é o primeiro: deixouno.
- Fai a seguinte correspondencia: se entra o, é te; se entra lle, é che; se entra se é te. Dito doutro xeito: pasa a oración a o-lle-se (nesta orde). O-TE, LLE-CHE, SE-TE.
Punto 4. Llo/llos/llelo/llelos.
Recorda as contraccións. Deixoulle o libro: Deixoullo. Deixoulles os libros: Deixoullelos (lles+os).
Na próxima sesión, achegarei as solucións ao cuestionario-teoría do pronome persoal e marcarei actividades.
Ata logo.
Na próxima sesión, achegarei as solucións ao cuestionario-teoría do pronome persoal e marcarei actividades.
Ata logo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario