domingo, 24 de mayo de 2020

CLASE 1, SEMANA 25-31 MAIO, 2ª parte. O VERBO: CONTITUÍNTES E CONXUGACIÓN.

Bos días.

Verbo. PP. 23 a 32 dMorfoloxía-Teoría. Varias partes:
  1. Constituíntes. 
  2. Conxugación.
  3. Participios irregulares.
  4. Infinitivo conxugado.
  5. Perífrases verbais.
Comezamos cos puntos 1 e 2. Contestade este cuestionario. Recoméndovos seguir por orde o documento Morfoloxía-Teoría das páxinas 23 a 27: Así será máis fácil.

O verbo. Constituíntes.

1. Cales son os contituíntes do verbo? 

2. Que é o tema? (Ver nota pé, páxina 23). 

3. Que é o tema de presente e o tema de perfecto? 

4. Cales son as categorías verbais?


Conxugación dos verbos regulares e irregulares:

5. Cal é a VT (vogal temática) do pretérito perfecto na e   conxugacións?

6. Cal é a terminación de P5 do pretérito perfecto?

7. Explica a acentuación nas P4 / P5 do imperfecto indicativo, pluscuamperfecto, condicional  e a acentuación das P4 / P5 do imperfecto subxuntivo.

8. Explica a P3 do pretérito perfecto da conxugación nos verbos rematados en –aír, -oír, -uír: Saíu, oíu, instruíu (de saír, oír, instruír). Que diferenza hai coas formas partiu, subiu (sen til). Por que?

9. Por que leva diérese a P4 / P5 do pretérito imperfecto dos verbos rematados en –aer, -oer, -aír, -oír, -uír: Caïamos/des, moïamos/des, saïamos/des, oïamos/des, incluïamos/des.

10. Conxuga o presente de indicativo e o presente de subxuntivo dun verbo rematado en  –aer, -oer –aír, -oír. Que particularidades teñen estas formas?

11. Son regulares ou irregulares os verbos rematados en -uír, -ecer, -ucir en galego? E en castelán? 

12. Hai diferenza entre o infinitivo conxugado e o futuro de subxuntivo nos v. regulares e nos irregulares?


No hay comentarios:

Publicar un comentario