domingo, 3 de mayo de 2020

CLASE 1, SEMANA 4-10 MAIO. MORFOLOXÍA: DEMOSTRATIVOS, POSESIVOS, NUMERAIS.

Bos días.

Demostrativos. Corrección das actividades nesta ligazón.

Posesivos e numeraisCuestionario-Teoría: PP. 17-19 do documento Morfoloxía-Teoría. Contesta esta cuestións:

Posesivos:
  1. Cales son as formas do posesivo?
  2. Que é o posesivo de respecto. Cando se usa?
  3. Cales son os usos e valores especiais dos posesivos? Exemplos.
  4. Uso de artigo ante posesivo. Cales son as excepcións?

Numerais:
  1. Cando funcionan os numerais como determinante (adxectivo determinativo)? E como núcleo (pronomes)?
  2. Os cardinais escríbense todos separados, agás as formas dos "centos": Escribe 13.456. 
  3. Que preposicións contraen coas formas un, unha? Hai algunha restrición?
  4. Que substantivos están emparentados cos numerais, pero non son numerais?
Na próxima sesión corrixiremos (titorial) o cuestionario-teoría de posesivos e numerais e marcaremos actividades.

Ata logo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario