Bos días.
As perífrases verbais. Entrade neste enlace, onde explico as perífrases verbais sobre este documento base. Tédelas tamén na páx, 29 de Morfoloxía-Teoría.
Se tedes dúbidas, consultádeme. O próximo día, marcarei exercicios.
Ata logo.
domingo, 31 de mayo de 2020
miércoles, 27 de mayo de 2020
CLASE 3, SEMANA 22-29 MAIO: O VERBO, PARTICIPIOS IRREGULARES
Bos días.
Algúns verbos teñen dobre forma para o participio: unha regular e outra
irregular. A forma irregular vén directamente do latín. A forma regular creouse por analoxía, engadindo á raíz a vogal tenática e o morfema de participio -do.
Normalmente, a forma regular emprégase en función verbal e a irregular, como
adxectivo.
Poderiades completar este cadro? As solucións, na páx. 27 de Morfoloxía-Teoría.
acender
|
acendido
|
|
bendicir
|
||
calmar
|
||
cansar
|
||
coller
|
||
chocar
|
||
describir
|
||
distinguir
|
||
envolver
|
||
espertar
|
||
enxugar
|
||
fixar
|
||
fartar
|
||
gastar
|
||
limpar
|
||
maldicir
|
||
nacer
|
||
pagar
|
||
pechar
|
||
prender
|
||
quentar
|
||
resolver
|
||
salvar
|
||
secar
|
||
tinxir/guir
|
||
torcer
|
torcido
|
lunes, 25 de mayo de 2020
CLASE 2, SEMANA 25-31 MAIO. O VERBO: CONXUGACIÓN.
Bos días.
Unha vez feito o traballo da entrada anterior, facede esta ficha: "Verbos que hai que saber" (tédela tamén na aula virtual nun formato editable). As solucións están nas pp. 3-4. Convén facer primeiro a ficha e comprobar logo as solucións. Por se serve de axuda, engado este anexo verbo.
Ata o venres.

domingo, 24 de mayo de 2020
CLASE 1, SEMANA 25-31 MAIO, 2ª parte. O VERBO: CONTITUÍNTES E CONXUGACIÓN.
Bos días.
Verbo. PP. 23 a 32 de Morfoloxía-Teoría. Varias partes:
- Constituíntes.
- Conxugación.
- Participios irregulares.
- Infinitivo conxugado.
- Perífrases verbais.
Comezamos cos puntos 1 e 2. Contestade este cuestionario. Recoméndovos seguir por orde o documento Morfoloxía-Teoría das páxinas 23 a 27: Así será máis fácil.
O
verbo. Constituíntes.
1. Cales son os contituíntes do verbo?
2. Que é o tema? (Ver nota pé, páxina 23).
3. Que é o tema de presente e o tema de perfecto?
4. Cales son as categorías verbais?
1. Cales son os contituíntes do verbo?
2. Que é o tema? (Ver nota pé, páxina 23).
3. Que é o tema de presente e o tema de perfecto?
4. Cales son as categorías verbais?
Conxugación
dos verbos regulares e irregulares:
5. Cal é a VT (vogal temática) do pretérito perfecto na 2ª e 3ª conxugacións?
6. Cal é a terminación de P5 do pretérito perfecto?
7. Explica a acentuación nas P4 / P5 do imperfecto indicativo, pluscuamperfecto, condicional e a acentuación das P4 / P5 do imperfecto subxuntivo.
8. Explica a P3 do pretérito perfecto da 3ª conxugación nos verbos rematados en –aír, -oír, -uír: Saíu, oíu, instruíu (de saír, oír, instruír). Que diferenza hai coas formas partiu, subiu (sen til). Por que?
9. Por que leva diérese a P4 / P5 do pretérito imperfecto dos verbos rematados en –aer, -oer, -aír, -oír, -uír: Caïamos/des, moïamos/des, saïamos/des, oïamos/des, incluïamos/des.
10. Conxuga o presente de indicativo e o presente de subxuntivo dun verbo rematado en –aer, -oer –aír, -oír. Que particularidades teñen estas formas?
11. Son regulares ou irregulares os verbos rematados en -uír, -ecer, -ucir en galego? E en castelán?
12. Hai diferenza entre o infinitivo conxugado e o futuro de subxuntivo nos v. regulares e nos irregulares?

CLASE 1, SEMANA 25-31 MAIO, 1ª parte: RECUPERACIÓN 1ª-2ª AVALIACIÓN
Boas tardes.
Tedes na aula virtual un boletín-cuestionario para aqueles que teñan que recuperar a 1ª-2ª avaliación. O citado boletín está en PDF e nun formato editable, por se preferides constestalo co ordenador.
Importante:
- Valorarase: A precisión nas respostas. A expresión correcta. A presentación clara e organizada.
- Prazo final de entrega: Primeira semana de xuño.
- Envío. Ao correo anaseco@edu.xunta.es.
- Contidos. Os contidos para contestalo están na aula virtual e/ouno libro de texto. Moitos deles xa os tedes neste mesmo "Caderno de Traballo".
- Defensa oral. En certos casos -determinados alumnos-, é posible que haxa que facer unha defensa oral do cuestionario por vía telemática. De ser así, os alumnos afectados serían avisados con antelación.
jueves, 21 de mayo de 2020
CLASE 3, SEMANA 18-24 MAIO: VIDEOCONFERENCIA
Bos días.
Rematade o pronome persoal e recordade que hoxe temos videoconferencia.
Ata logo.
Rematade o pronome persoal e recordade que hoxe temos videoconferencia.
Ata logo.
lunes, 18 de mayo de 2020
CLASE 2, SEMANA 18-24 MAIO: PRONOME PERSOAL
Bos días.
Aquí tedes as solucións ás actividades do pronome persoal:
- Actividades PP I. Dura 14 min.
- Actividades PP II. Dura 6 min.
Vémonos o venres.
domingo, 17 de mayo de 2020
CLASE 1, SEMANA 18-24 MAIO: PRONOME PERSOAL
Bos días.
Continuade coas actividades do pronome persoal, no documento Morfoloxía-Actividades (pp. 64 a 72). Nesta sesión rematade as actividades do pronome.
Ata logo.
Continuade coas actividades do pronome persoal, no documento Morfoloxía-Actividades (pp. 64 a 72). Nesta sesión rematade as actividades do pronome.
1. Función sintáctica (as 10 primeiras).
2. Pronome de cortesía (5 primeiras).
3. Colocación (xustificando), 10 primeiras.
5. Te/Che: 10 primeiras.
7. Pronominalización: 10 primeiras. Atendende á colocación (NIANIEO).
9. Pronominalización: 10 primeiras. Atendende á colocación (NIANIEO).
10. Pronome de solidariedade, 2 de cada apartado.O próximo día, solucionario.
Ata logo.
viernes, 15 de mayo de 2020
CLASE 3 (2ª parte) SEMANA 11-17 MAIO: LIBRO DE LECTURA.
Ola de novo.
Como sabedes, debido á carga de traballo que tedes, o libro de lectura será voluntario e servirá para subir nota.
Nunha entrada anterior recomendeivos dúas bibliotecas virtuais: GaliciaLe e Bivir.
Como sabedes, debido á carga de traballo que tedes, o libro de lectura será voluntario e servirá para subir nota.
Nunha entrada anterior recomendeivos dúas bibliotecas virtuais: GaliciaLe e Bivir.
Voume centrar na segunda, Bivir, da asociación de tradutores galegos. Ide á pestana superior a "Bivir", logo a "Catálogo de Obras" e podedes seleccionar por tradutor (non interesa), ou por título, autor (é o que interesa). Non todas as obras son adaptadas á vosa idade; se escolledes algunha, preguntádeme antes se é adecuada.
Recoméndovos algunhas posibilidades, por auto, que podedes descargar en Bivir:
- Andersen, Hans Christian (varios).
- Balzac, Honoré de: O coronel Chaubert. Para lectores avanzados.
- Irving, Washington: A lenda de Sleepy Hollow.
- Kipling, Rudyard: O libro da selva.
- Poe (varios)
- Twain, Mark (varios).
- Verne, Jules: A illa misteriosa.
Hai máis, pero son máis longos. Por suposto, se tedes un libro na casa que queirades ler, vale perfectamente. Iso si: O libro ten que estar escrito en galego ou traducido ao galego.
Ata logo.
jueves, 14 de mayo de 2020
CLASE 3, SEMANA 11-17 MAIO: O PRONOME PERSOAL.
Bos días.
Ata logo.
- Solucións ao cuestionario-teoría do pronome persoal nesta ubicación.
- Actividades do pronome persoal, do documento Morfoloxía-Actividades (pp. 64 a 72). Márcoas, pero non as fagades todas xuntas; continuaremos a semana que vén:
1. Función sintáctica (as 10 primeiras).
2. Pronome de cortesía (5 primeiras).
3. Colocación (xustificando), 10 primeiras.
5. Te/Che: 10 primeiras.
7. Pronominalización: 10 primeiras. Atendende á colocación (NIANIEO).
9. Pronominalización: 10 primeiras. Atendende á colocación (NIANIEO).
10. Pronome de solidariedade, 2 de cada apartado.Hoxe, actividades 1, 2, 3. Temos videoconferencia.
Ata logo.
lunes, 11 de mayo de 2020
CLASE 2, SEMANA 11-17 MAIO: O PRONOME PERSOAL.
Bos días.
Punto 4. Diferenza te/che.
Punto 4. Llo/llos/llelo/llelos.
Pronome persoal: pp. 11-15 de Morfoloxía-Teoría. Escoitade estes titoriais: Pronome persoal 1 e Pronome persoal 2 (Interferencias lingüísticas). Despois, contestade estas cuestións:
- Podes localizar nun texto os pronomes persoais tónicos e átonos e determinar a súa función sintáctica?
- Cales son os valores especiais de nós?
- Que preposicións contraen co pronome tónico el, ela, eles, elas?
- Pronominalización. Tes que reparar na diferenza te/che, llo/llelo... (Explicado máis abaixo).
- Que función teñen que cumplir os reflexivos en galego?
- Que tipos hai de verbos pronominais?
- Cales son os valores de se en galego?
- Como podes recoñecer un dativo de solidariedade? Ten función sintáctica?
- Como podes recoñecer un dativo de interese? Ten función sintáctica?
- Fai un cadro coas contraccións entre as formas átonas do pronome.
- Cal é a forma normal de colocación do pronome? En que ocasións vai anteposto ao verbo? (NIANIEO).
- É aceptable en galego "elo"? A que se debe ese mal uso?
- É aceptable en galego "É máis alta ca eu"? Por que?
- Como podes saber que un pronome "sobra" nunha construción? Isto é, a construción é correcta sen ese pronome e incorrecta co pronome.
Punto 4. Diferenza te/che.
A forma te é de CD; che de CI. Unha maneira doada de saber se hai que usar te/che é a que segue.
"Deixoute na casa" ou "Deixouche na casa"?
- Pasa a oración a 3ª persoa: Deixouno na casa / Deixoulle na casa. Obviamente, o correcto é o primeiro: deixouno.
- Fai a seguinte correspondencia: se entra o, é te; se entra lle, é che; se entra se é te. Dito doutro xeito: pasa a oración a o-lle-se (nesta orde). O-TE, LLE-CHE, SE-TE.
Punto 4. Llo/llos/llelo/llelos.
Recorda as contraccións. Deixoulle o libro: Deixoullo. Deixoulles os libros: Deixoullelos (lles+os).
Na próxima sesión, achegarei as solucións ao cuestionario-teoría do pronome persoal e marcarei actividades.
Ata logo.
Na próxima sesión, achegarei as solucións ao cuestionario-teoría do pronome persoal e marcarei actividades.
Ata logo.
CLASE 1, SEMANA 11-17 MAIO: INDEFINIDOS. RELATIVOS, INTERROGATIVOS, EXCLAMATIVOS.
Bos días.
Indefinidos. Relativos, exclamativos e interrogativos. Solución ao cuestionario-teoría. Coma sempre, seguimos o exposto en Morfoloxía-Teoría, pp. 20-21. As solucións, nesta ubicacción.
- Cando un indefinido ten función de DET (adxectivo determinativo) e cando ten función de N (pronome)? Como podes identificar os indefinidos? Atención á escrita de cadaquén e quenquera.
- Contraccións: DE, EN + algún / outro. Hai algunha restrición nestas contracións?
- Como podes identificar e recolecer as formas dos relativos, interrogativos e exclamativos?
- Que funcións sintácticas desempeñan?
- Valor especial de quen.
- Como sabes cando a forma canto funciona como Relativo / Interrogativo-exclamativo / Adverbio interrogativo.
- Onde, cando, como: Cando son relativos adverbiais? E cando adverbios interrogativos? Acentuación nos interrogativos e exclamativos.
Se tedes dúbidas sobre este tema, consultádemas. Na próxima sesión, comezaremos co pronome persoal.
Ata logo.
jueves, 7 de mayo de 2020
NOTAS
Se queredes ver as vosas notas da 1ª e 2ª avaliación, podedes entrar na vosa aula virtual.
- Os alumnos que teñen aprobadas estas avaliacións, poderían subir nota para a FINAL co traballo que estamos facendo neste terceiro trimestre.
- Os alumnos que teñen suspensas a 1ª e a 2ª deben recuperalas neste terceiro trimestre.
martes, 5 de mayo de 2020
CLASE 3, SEMANA 4-10 MAIO: POSESIVOS, NUMERAIS, INDEFINIDOS, RELATIVOS, INTERROGATIVOS E EXCLAMATIVOS.
Bos días.
Posesivos
e numerais.
Corrección
de actividades nesta ubicación.
Indefinidos;
relativos, exclamativos e interrogativos.
Cuestionario-Teoría. Ide mirando o exposto no documento Morfoloxía-Teoría, pp. 20-21, e contestade estas cuestións:
Indefinidos.
- Cando
un indefinido ten función de DET (adxectivo determinativo) e cando ten
función de N (pronome)? Como podes identificar os indefinidos? Atención á
escrita de cadaquén e quenquera.
- Contraccións: DE,
EN + algún / outro. Hai algunha restrición nestas contracións?
Relativos,
exclamativos e interrogativos.
- Como
podes identificar e recolecer as formas dos relativos, interrogativos e
exclamativos?
- Que
funcións sintácticas desempeñan?
- Valor
especial de quen.
- Como
sabes cando a forma canto funciona como Relativo /
Interrogativo-exclamativo / Adverbio interrogativo.
- Onde,
cando, como: Cando
son relativos adverbiais? E cando adverbios interrogativos?
- Acentuación nos interrogativos e exclamativos.
Actividades do documento Morfoloxía-Actividades: Indefinido (páx. 76, as 10 primeiras); relativo (páx. 79: exercicio 1 (10 primeiras), exercicio 2 (3 primeiros textos).
Na próxima sesión, corrixiremos o cuestionario-teoría e as actividades dos indefinidos, relativos, exclamativos e interrogativos.
Ata a semana que vén.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)