domingo, 7 de junio de 2020

CLASE 1, 1ª parte, SEMANA 8-14 XUÑO: DEFENSA ORAL PARA SUBIR NOTA

Tedes na aula virtual o documento coas cuestións que poden entrar na defensa oral. Observade que segue a orde deste "Caderno de Traballo". As indicacións, na páx. 1.


CLASE 1, 2ª parte, SEMANA 8-14 XUÑO: O INFINITIVO CONXUGADO.

Podedes saber cando se usa o infinitivo conxugado neste documento. Acompaña o documento este titorial. En ambos casos faise ver que o infinitivo conxugado non pode usarse cando:
  1. É o 2º verbo dunha perífrase verbal.
  2. Vai despois dun verbo modal, causativo ou de sentido.
  3. O suxeito do verbo principal = O suxeito do infinitivo. Con dúas excepcións, que teñen que ver coa orde e coa distancia entre os verbos.

jueves, 4 de junio de 2020

CLASE 3, SEMANA 1-7 XUÑO: PERÍFRASES VERBAIS

Solucións:


  • Vou deixar: Temporal de futuridade. Houbéronmo roubar: Temporal; acción que estivo a piques de realizarse e non se realizou.
  • Acabe de pagar: Aspectual perfectiva. Hei de mercar: Temporal de futuridade. Ter que andar: Modal de obrigación.
  • Andan a recoller: Aspectual imperfectiva. Está para mudar: Temporal de futuridade. Hai que darse: Modal de obrigación.
  • Debe vivir: Modal de hipótese. Está ensaiando: Aspectual imperfectiva. Deberías chamarlle: Modal de obrigación. Volva tocar: Aspectual reiterativa.
  • Rompa a ferver: Aspectual incoativa. Han estar: Modal de dúbida.
  • Boteime a correr: Aspectual incoativa. Estaba collendo: Aspectual imperfectiva. Houben caer: Temporal; acción que estivo a piques de realizarse e non se realizou.
  • Segue sendo: Aspectual imperfectiva. Leva facendo: Aspectual imperfectiva. Dá atopado: Aspectual perfectiva.
  • Vai andando: Aspectual imperfectiva. Levo camiñado: Aspectual perfectiva.
Entra para ampliar

lunes, 1 de junio de 2020

CLASE 2, SEMANA 1-7 XUÑO

No documento  Morfoloxía-Actividades  tedes, na páxina 87 o exercicio "Sinala as perífrases verbais e indica o seu valor". Fai as 10 primeiras. Para facilitar o traballo, vou subliñar aquelas que quero que analicedes.

Con isto, tedes traballo para toda a semana.

1. Vou deixar o coche no aparcadoiro, que onte houbéronmo roubar; xa tiña a fechadura un pouco forzada.
2. Cando acabe de pagar a casa, hei de mercar unha praza de garaxe porque quero durmir tranquilo e non ter que andar con preocupacións.
3. Este mes andan a recoller os pexegos. Segundo a televisión, está para mudar o tempo e hai que darse présa.
4. Debe vivir aquí un gaiteiro. Sempre está ensaiando e deberías chamarlle a atención para que non volva tocar a esas horas da noite.
5. Cando rompa a ferver a auga, bótalle as nabizas, que xa han estar medio cocidas noutra pota.
8. Boteime a correr detrás del, xa o estaba collendo cando escorreguei e houben caer.
9. Breixo segue sendo un lacazán; leva facendo que traballa moito tempo, porque di que non dá atopado un oficio á súa medida.
10. Ti vai andando diante, que eu xa che levo camiñado moito e estou desfeito.